A Universidade de Santiago vén de pór a disposición da comunidade internauta (ligada sobre todo ó eido educativo e á comunicación) ferramentas de emprego lingüístico baixo licenza GPL. O código fonte deste tres programas, desenvolvidos polo Grupo de Investigación en Gramática de Español da Facultade de Filoloxía, está xa ao alcance da man dos usuarios da Rede na páxina web da USC.
Máis polo miúdo e segundo informa a plataforma mancomun.org, trátase dun analizador sintáctico multilingüe baseado en dependencias (chamado Multilingua e encamiñado a procesar ata cinco idiomas: galego, inglés, castelán, francés e portugués), un xerador automático de tesaurus multilingüe (de nome Lingua Toolkit e constituído como un instrumento para traballar nas ditas cinco linguaxes) e un extractor multilingüe de termos multipalabra (chamado GaleXtract e dirixido a seleccionar e ordenar candidatos a termo a partir de cinco patróns de etiquetas morfosintácticas, empregando as mesmas linguas cós programas xa mencionados).
Os únicos requisitos que se piden para levar a cabo a instalación deste software son: – Ter distribución Linux.
– Ter Intérprete perl situado por defecto en /usr/bin
– (opcional) Ter instalación previa de Freeling.
A USC ceiba tres programas lingüísticos para Linux
Compartir Este Artigo

