
O favicon é unha icona de pequeno tamaño (16×16 píxeles) que aparece nos navegadores web para identificar graficamente cada web tanto na barra de enderezos coma nos marcadores de favoritos, e que no caso de Google vén de cambiar dun G maiúsculo a un g minúsculo e máis estilizado. Tamén elimina os bordes cadrados que rodeaban o G. O cambio é moi pequeno, pero moi visible, xa que estas iconas se ven millóns de veces cada día e podería ser o primeiro paso dunha renovación de imaxe do buscador máis usado do mundo.
Google modifica o seu favicon
Compartir Este Artigo

