Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxín dá a coñecer o tradutor automático portugués-galego, bidireccional e libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Imaxín dá a coñecer o tradutor automático portugués-galego, bidireccional e libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/06/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

opentrad_en_safari.jpgO galego e o portugués, para moitos unha pequena variación sobre unha mesma cousa (que hai tempo e por razóns impostas por outros tomaron camiños diferentes), semellan cada vez máis preto no virtual. Dito doutro xeito: é coma se a Rede estivese a contribuír a recuperar o tempo perdido. De achegar culturas irmáns vía ferramentas tecnolóxicas é do que trata a nova proposta da empresa de Santiago Imaxin e máis do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC: o Opentrad galego-español-portugués, que, por certo, xa estamos a empregar en Código Cero. O desenvolvemento, tal e como o seu propio nome indica, consiste nun engadido ao OpenTrad (ferramenta de tradución xa existente e empregada por múltiples internautas e mesmo por medios de comunicación) que o posibilita para a translación de textos e webs entre as ditas linguas, incluíndo unha base de datos con doce mil termos.
Asemade, contribúe –coa súa ollada cara a lusofonía, da que formamos parte- a corrixir o que a xuízo dos responsables desta proposta tecnolóxica é un erro non só aplicable ás novas tecnoloxías: a teima de coller emprestados do inglés termos que ben puidéramos ter atopado no latinismo e, máis polo miúdo, no portugués.
A ferramenta, que tamén nos sitúa un pouco máis preto da que xa é por dereito propio unha das grandes potencias económicas mundiais, Brasil (de feito, xa hai moitos analistas que queren que se inclúe xa no grupo G-8, por diante de Rusia), foi presentada este xoves en Compostela por Xavier Alcalá (enxeñeiro de Telecomunicacións e escritor), Diego Vázquez e Jose Ramon Pichel (ambos os dous de Imaxin). Entre outras moitas cousas, todos eles fixeron fincapé no respecto que cómpre ter cara a lingua e a cultura das persoas, institucións ou empresas coas que te comunicas, e, xa que cada vez nos comunicamos máis con Portugal e Brasil, xa vai sendo o tempo de deixar de lado o castelán para facelo. E máis tendo en conta este dato: Galiza é a primeira comunidade en volume de importacións dende Portugal.
Entre as grandes características do OpenTrad galego-español-portugués, atopamos estas: bidireccionalidade entre as tres linguas incluídas, o uso de código aberto (que abre vías importantes de colaboración con outros grupos de desenvolvedores) e opcións de personalización dos resultados. Segundo informan os responsables desta ferramenta, a nova aplicación do OpenTrad permite afacer o tradutor ao libro de estilo dunha empresa ou medio informativo, adaptándose el mesmo aos fondos textuais dunha fonte coa finalidade de achegar unha tradución máis precisa.
A ferramenta aparece estes días reflectida polo miúdo na web do PEGSI de Innovación e máis en Vieiros, entre outros moitos sitios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?