
Curiosamente, o vídeo non correspondía a unha das moitas campañas virais que circulan pola Rede, pese a que o autor do clip, Giovanny Gutierrez, traballe para unha axencia de publicidade en Miami. O propio Guitierrez chega a dicir que a moza que aparece no vídeo é a súa moza Lauren, o que está a causar problemas a outra rapaza tamén chamada Lauren Bernat, que en vez de vivir en Miami , traballa coma bibliotecaria en New York, e está a verse sometida a moita presión na Rede, xa que numerosos rapaces están a solicitar a súa amizade a través da rede social Facebook (pensando que é a persoa do popular vídeo).

A Lauren Bernat de Miami tampouco está moi conforme coa publicación do vídeo (gravado polo seu mozo co móbil), aínda que agora terá que asumir que milleiros de persoas a coñecen xa como a Wii Fit Girl.
Estariamos así ante un novo fenómeno que nos podería lembrar ao Star Wars Kid ou a Gary Brolsma, ou sexa, casos de éxito inesperado que poden prexudicar aos seus protagonistas.
O popular vídeo da Wii Fit Girl |

