Coma en casa do ferreiro, coitelo de pau, non nos deberiamos sorprender de que as páxinas web de ICANN e IANA (entidades que xestionan o nomes de dominio da Internet e a asignación de enderezos IP) foron pirateadas e redirixidas a outra páxina na que un grupo de crackers turco coñecido coma NetDevilz aseguraba que era capaz de controlar os dominios de Internet por riba de ICANN.
O ataque non consistiu nunha modificación das páxinas de ICANN e IANA, senón na modificación dos rexistros de DNS dos seus dominios de Internet correspondentes, deixando constancia de que na Internet non están seguros nin os organismos reguladores do seu control.
Piratean as webs de ICANN e IANA
Compartir Este Artigo
