
O investimento total previsto para este Concello galego é de 1,81 millóns de euros, que servirán para levar a cabo as correspondentes obras de canalización (4,6 quilómetros de obra civil e 4 quilómetros de fibra óptica).
Deste xeito, os veciños do concello coruñés disporán, a partires de agora, de chamadas de balde a tódolos fixos nacionais e de conexión a Internet de alta velocidade constante por fibra óptica.
Asemade, dende o pasado ano, xa está en funcionamento o novo servizo de televisión dixital interactiva con calidade de imaxe e son dixitais, con máis dun cento de canles, con guía e “miniguía” electrónicas de programación e con “múltiples posibilidades de interactividade”.
R vén de anunciar, asemade, que os veciños que así o desexen poden contratar tamén o servizo de móbil R, integrado na mesma oferta de telecomunicacións do operador, grazas ao cal os clientes poden chamar a 0 céntimos/minuto a tódolos móbiles e fixos do mesmo contrato se teñen alugados os dous servizos.
A conexión do Concello de Arzúa á rede troncal de fibra óptica de R enmárcase dentro do acordo firmado entre R e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para que a banda larga chegue a toda a xeografía galega.
O Concello de Arzúa xa recibe os servizos da galega R
Compartir Este Artigo

