
Os dous afectados percatáronse de que se realizaran, sen o seu consentimento, dúas transferencias por importe de 2.994 e 3.125 euros a través de Internet a terceiras persoas que nin sequera coñecían.
Cando llo comunicaron a Bancaja, entidade responsable da transación, atopáronse con que esta non se facía cargo da reclamación do importe sustraído ao afirmar que se trataba dun caso de “neglixencia por parte dos usuarios na custodia das súas claves”.
Foi a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae), quen se encargou de presentar o caso ante os tribunais e facer público o fallo.
Bancaja terá que pagar agora un total de 6.119 euros aos dous afectados por phishing, ou suplantación de identidade a través da Rede por entender que, segundo o xuiz responsable da sentenza, “non lle ofreceu aos seus clientes a información necesaria para evitar o fraude e operar de xeito seguro”.
A entidade bancaria xa anunciou que recurirá a sentenza para, sobre todo, tratar de limpar a súa imaxe e facer saber que é unha vítima máis da estafa.
Bancaja deberá indemnizar a dous clientes por un caso de phishing
Compartir Este Artigo

