Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Crackean a conta de correo da candidata á vicepresidencia de EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Crackean a conta de correo da candidata á vicepresidencia de EE.UU.

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sarah_palin.jpgO currículo de Sarah Palin, gobernadora de Alasca e candidata á vicepresidencia da EE.UU., dará conta de formación e experiencia abondas para satisfacer a un eventual grupo de entrevistadores, pero alguén debería aconsellala para que non subliñe nin sinale os seus coñecementos sobre informática, redes ou seguridade. O caso é que Palin, presente os días pasados nos medios informativos de todo o mundo por non ter amosado moitas dúbidas ao asegurar que lle levaría ao seu país á guerra con Rusia se esta volve a invadir Xeorxia, vén de ser obxecto dun labor de crackeo en toda regra sobre a súa conta de correo electrónico.
Máis polo miúdo trátase dunha conta persoal aberta no servizo Yahoo!, á que os internautas involucrados na enleada posiblemente accederon a través de algo tan escasamente complexo dende o punto de vista tecnolóxico como adiviñar o contrasinal. De feito, e segundo conta Microsiervos facéndose eco dunha información achegada en Wired, os internautas non tiveron que someterse a intensivas sesións de estudo de probabilidades, tendo en conta que a seguridade informática non semella ser o forte da gobernadora.
O caso, unha vez máis, volve poñer en entredito a comenencia de usar contas en servizos alleos aos dos gobernos para levar a cabo tarefas de comunicación na rede máis ou menos oficiais (ao parecer, algúns dos correos filtrados si que eran oficiais).
Sexa como sexa, a conta de Palin xa foi suprimida, se cadra co obxecto de non botar máis leña ao lume, o que pode significar, á súa vez, un delito de destrución de probas. Pódese ver un relato exhaustivo dos acontecementos nesta web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?