Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova revista de videoxogos nos quioscos españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova revista de videoxogos nos quioscos españois

Marcus Fernández
Publicado: 22/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marca_player_portada1.jpgA primeiros de agosto comentamos que Unidad Editorial estaba a preparar unha nova revista de videoxogos, e finalmente chegará aos quioscos esta semana, cunha atrevida aposta nun momento de crise para as publicacións impresas, que pretende destacar cubrindo todas as plataformas actuais e cun prezo moi competitivo, xa que pese a contará con 180 páxinas só custará 1,9 euros.
Marca Player sairá este mércores, co reto de procurar convencer por igual a hardcore gamers como a xogadores ocasionais, repartindo os seus contidos en 12 seccións diferenciadas que van dende a información sobre a actualidade ata a guía de compras.
Os profesionais que se encargan deste novo proxecto teñen moita experiencia no sector, participando en distintas publicacións do sector, das que a máis destacada podería ser a data de hoxe a Revista Oficial de Xbox, contando tamén con colaboradores de peso coma Nacho Ortiz (xefe de redacción de Meristation), David Guaita (produtor do programa de videoxogos Jugones) ou a xente de Akihabara Blues.
No primeiro número desta publicación abordarán xogos coma Gears of War 2 para Xbox 360, GTA Chinatown Wars para Nintendo DS, FIFA 09, PES 2009, Prince of Persia, Star Wars: El Poder de la Fuerza, Pocoyó, Rock Band, Play Chapas, Saints Row 2 e outros títulos. Tamén entrevistarán a Hideo Kojima e tratarán distintos temas de lecer (televisión, DVD, CD…).
Para saber un pouco máis deste proxecto tamén podemos ver unha reportaxe que lle dedicaron no programa de televisión Insert Coin, que se pode seguir actualmente en AXN e SETenVEO:

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?