Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os mozos virtuais arrasan en Xapón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os mozos virtuais arrasan en Xapón

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

noivo_virtual.jpgAs figuras dos noivos e noivas virtuais, que por estas terras son convocados/as case exclusivamente nos intres de crise de parella (eses intres nos que o outro ou a outra non fai o que se lle encomenda), están a converterse en certos países no complemento ideal para todo usuario de novas tecnoloxías da información, viva comprometido (cunha parella) ou non. Isto é o que segundo nos contan TechCrunch e Baquia está a acontecer en Xapón, un país especialmente afeito a vivir en planos situados alén do real (de alí foi que viñeron as mascotas virtuais do tipo Tamagotchi) e no que presentar calquera tipo de ferramenta innovadora no eido das amizades vén a ser como botar leña ao lume. Nesta liña de apostar en seguro é onde se sitúa a nova proposta da firma LinkThink, o servizo Webkare (“noivo web” en xaponés), un recurso en liña dirixido só a mulleres e que consiste basicamente en poñerlles un noivo virtual ao alcance da man.
Segundo se conta, a proposta está a ter tal éxito que aos poucos días da súa apertura, xa tiña inscritas a 10.000 mozas do país, incluíndo ademais 3,5 millóns de páxinas vistas.
O servizo, que é unha rede social de balde que polo de agora non admite internautas masculinos, incorpora unha serie de pasos a seguir para calquera usuaria iniciada: logo do rexistro, dá comezo o que se podería chamar proceso de ligoteo cos catro rapaces que a web lle asigna.
Para avanzar no xogo, a idea é manter contacto constante cos mozos e (tamén) con outros membros da rede. Esta é precisamente a chave da proposta: interactuar cos pretendentes e, sobre todo, con outros usuarios, xa que só desta forma, obtendo coñecemento sobre os noivos potenciais procedente de segundos e terceiros, será posible establecer citas, o mellor xeito de avanzar no xogo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?