Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O operador galego Democom comeza en Rianxo a súa xira de presentación por 50 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O operador galego Democom comeza en Rianxo a súa xira de presentación por 50 concellos

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

democom_captura.jpgDemocom, novo operador galego posto en marcha para dar máis cobertura á nosa terra nos eidos das redes e das telecomunicacións, estase dando a coñecer estes días pola vía do dixital (mediante a súa web, e-mails de convocatoria, etc) e, sobre todo, a través dun itinerario de presentacións e actividades varias que vai levar á compañía por unha chea de recantos das nosas catro provincias. O dito road-show, que comeza hoxe no centro de Rianxo ás 11.30 horas logo das sesións piloto da semana pasada en Chantada e Santa Comba, tamén incluirá unha serie de demostracións prácticas dirixidas a dar conta dos servizos que achega a empresa galega. Estes, sobre todo encamiñados ao eido profesional, e máis polo miúdo ás institucións locais (todo o que atinxe ás comunicacións nos concellos), están baseados en tecnoloxía DMR, estándar ETSI do que xa temos falado nesta mesma web para informar dos primeiros pasos de Democom.

A tecnoloxía de Democom está especialmente destinada para o seu uso por servizos de emerxencias
A tecnoloxía de Democom está especialmente destinada para o seu uso por servizos de emerxencias
Sinalar que a compañía galega, que é aliada de Motorola (propietaria da dita tecnoloxía DMR), estivo hai meses en Roma e Hong Kong para presentar Demosat, un servizo de posicionamento posto en marcha con Satdata que permite ver en tempo real o sitio exacto de todos os terminais dos usuarios da rede sobre unha cartografía.
Por certo que logo de Rianxo, está previsto que o percorrido da firma pola nosa xeografía abranga ata 50 concellos, entre os que se contan estes que sinalamos a continuación: Carballo (o día 24 de setembro), As Pontes (o 30 de setembro), Narón (1 de outubro), Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras, Allariz, Monforte, Sarria, Ribeira, Vilagarcía e Verín, amais das sete principais cidades galegas: A Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Ourense.
O obxectivo desta xira de Democom, operador impulsado polas firmas galegas ITC e Demotecnia, é mobilizar a meirande cantidade de recursos, tanto dende o punto de vista humano (con dous técnicos e tres enxeñeiros que darán conta das utilidades do sistema) como tecnolóxicos (con cinco equipos portátiles, unha unidade de telecomunicacións transportable de emerxencias e outra de traballo que se situará no centro das vilas que se visiten e que fará de posto de control).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?