
A publicación, especialmente coñecida por ter subministrado algunhas das imaxes máis identificables cos acontecementos históricos recentes, estivo en activo ata os noventa, sendo os seus anos de gloria os das décadas centrais do século XX.
Ao parecer, esta acción de Getty Images (ombro con ombro con Time Inc., propietaria actual das imaxes de Life) ten tamén como finalidade poñer a disposición dos internautas o rico legado xornalístico da publicación estadounidense, moito do cal aínda non foi descuberto polo gran público (hai unha chea de imaxes inéditas, coméntase, arredor do 97% de todo o material).
A páxina, que será posta en marcha en breve, tamén dará acceso a milleiros de novos traballos gráficos de Getty, espazo no que se habilitan unhas 3.000 imaxes por xornada. A idea da proposta complétase co seguinte obxectivo: ter coñecemento de primeira man dos máis importantes eventos históricos e sociais do pasado século. Segundo conta AFP, nin Getty nin Time están a achegar moitos detalles sobre o que lles vai custar aos internautas as devanditas imaxes do legado de Life, pero si que incidiron no seguinte punto: procuralas e velas será de balde.
A revista Life volverá á vida na Rede
Compartir Este Artigo

