Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago apostará polo dixital para evitar o exceso de velocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago apostará polo dixital para evitar o exceso de velocidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_rua_sanpedro_mezonzo.jpgO Concello de Santiago vai apostar polas novas tecnoloxías para contribuír a unha condución máis segura no eido da cidade, amais de ampliar por esta vía o control sobre as posibles infraccións de tráfico. A iniciativa, que vén de recibir unha subvención do Ministerio de Fomento por valor de 600.000 euros, tería un custe total de 675.645 euros. A idea é sinxela: incorporaranse equipamentos tecnolóxicos para achegar información actualizada da situación nas rúas da cidade, tanto a través da Rede como mediante uns paneis que van estar habilitados nos recantos da urbe onde a circulación é máis crítica.
Segundo informa El Correo Gallego dando conta de fontes do Concello (máis polo miúdo da Concellería de Mobilidade), o proxecto consta en realidade de varios proxectos integrados. Por unha banda, a posta en marcha dunha páxina web, que sería o eixe ou a columna vertebral da iniciativa, amais dun parte actualizado do estado da circulación urbana, achegando deste xeito datos anticipados (no senso de que cada condutor pode ver dende o fogar, pola vía de Internet, o que lle espera na rúa). Por certo que os datos da web tamén os poderemos consultar en marcha.
Por outra banda, a iniciativa abrangue o equipamento de cinco grandes paneis encamiñados a cumprir a mesma función cá web, pero de xeito máis inmediato, directo e local. Un dos seus obxectivos principais: dotar de posibilidade de anticipación aos condutores, que terán ao alcance da man a opción de evitar un atasco, achegándose ademais circuítos diferentes.
A maiores, tamén se subministrarán a través destes equipos datos sobre a situación dos aparcamentos. Os primeiros paneis estarán habilitados en Mestre Mateo, rúa do Hórreo, Amor Ruibal, Camiño Francés e Virxe da Cerca. A todo este despregue tecnolóxico hai que engadir un terceiro paso: o da habilitación de radares en espazos estratéxicos da cidade, dirixidos a impedir o exceso de velocidade por parte dos condutores. Estes sistemas completaranse con outros ligados á rede de sinais luminosos, polo que será posible, por exemplo, que se localice e fotografe aos automóbiles que pasen con luz vermella. Polo que respecta aos peóns, cómpre sinalar que tamén haberá tecnoloxía ao seu alcance. Por exemplo: unha serie de cronómetros habilitados nos semáforos que contribúan a evitar que os viandantes fiquen no medio da estrada coa luz en vermello. Do que se trata é de axustar o tempo que se emprega en cruzar unha rúa.
Todos estes sistemas serán controlados por un centro de datos situados nas instalacións da Policía Local, dende onde se subministrará de xeito constante a información á páxina web e á totalidade da rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?