Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft e as Balears colaborarán para tirarlle partido as TIC no turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft e as Balears colaborarán para tirarlle partido as TIC no turismo

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

microsoft_balears.jpgAs novas tecnoloxías da información seguen a ser gran navalla suíza. Aplícanse a todo e con diversas finalidades, malia que todas elas están xorden do mesmo: de axudarnos a facelo todo máis doado e rendible. Aínda así, hai elementos especialmente susceptibles de tirar partido do dixital. Por exemplo: as actividades turísticas. En boa medida, e tal e como puidemos ver no informe presentado os días pasados por Red.es, porque case todos os implicados (usuarios e empresas) neste sector usan a Rede para comunicarse e interrelacionarse. Tendo en conta isto, ten a súa lóxica que máis tarde ou máis cedo unha empresa ou ente público se decidise a habilitar un espazo de investigación que afondase neste fenómeno: na relación especialmente saudable entre hostalería e redes. Ese é precisamente o oco que semella que están a cubrir Microsoft e o Goberno de Les Illes Balears, que veñen de subscribir un acordo (na imaxe) para impulsar a creación do primeiro centro de innovación conxunto especializado no eido das tecnoloxías para o turismo.
O espazo de investigación, que estará situado no Parque Balear de Innovación Tencolóxica (ParcBIT) que depende da Consellería d´Economía, terá dúas finalidades ben definidas e complementarias entre si: por unha banda avaliar e procurar novos xeitos de tirar partido das novas tecnoloxías entre as empresas do sector turístico (tan de primeira orde para economía das Illes e para a do resto do Estado español en xeral) e, pola outra, promover o seu uso entre os viaxeiros.
Na sinatura oficial do acordo, ao que tamén se sumou Turistec (Agrupación Empresarial Innovadora), fixeron acto de presenza Francesc Antich i Oliver (presidente do Govern) e máis María Garaña (máxima responsable de Microsoft Ibérica). No transcurso do encontro avanzáronse unhas cantas das liñas estratéxicas que marcarán a actividade do centro:
· Configurarase como un polo de coñecemento que procure converterse en referencia mundial na aplicación de TICs para o turismo.
· O Centro promoverá a aceleración no afianzamento de ferramentas para o fomento da competitividade na industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?