Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETG velará polas mellores condicións de acceso ás redes nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETG velará polas mellores condicións de acceso ás redes nos concellos

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coetg_industria.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Consellería de Innovación seguen a unir forzas nun compromiso que a ambas entidades lles colle de preto: a difusión e afianzamento das redes na nosa terra. Así o fixeron saber onte mesmo, no transcurso da sinatura dun convenio de colaboración que, ademais de ir encamiñado a promover no plano xenérico o emprego e presenza das novas tecnoloxías, diríxese a un obxectivo ben concreto: velar polo cumprimento actual da normativa ICT (Infraestrutura Común de Telecomunicacións) e mellorar o seu grao de coñecemento en todos os concellos galegos.
No encontro, no que estiveron presentes Fernando Blanco (conselleira de Innovación) e máis Ramón Bermúdez de Castro Olavide (decano do COETG), fíxose fincapé no que representan as ditas siglas ICT. En liñas xerais, sinalaron os responsables do acordo, a Infraestrutura Común de Telecomunicacións é un dos alicerces básicos que lle garante á cidadanía o acceso ceibe aos servizos de telecomunicacións e con todo o que iso implica: condicións máximas de liberdade á hora de chegar á Sociedade do Coñecemento, á hora de elixir operadores e á hora de acceder á banda larga.
Arestora, segundo indica a normativa ICT, en Galiza é o devandito Colexio o responsable de visar os proxectos de obra na construción de todas aquelas vivendas suxeitas á Lei de Propiedade Horizontal, amais de achegar a certificación precisa para poder recibir a licenza de primeira ocupación.
En definitiva, o convenio asinado céntrase neste traballo e permite a súa realización. Asemade, establece os termos para realizar seguimentos da aplicación real desta normativa ICT nos distintos concellos, afondando en se a súa aplicación é a idónea nos diferentes casos ou non e en se é preciso iniciar procedementos de corrección.
A maiores, posibilitará que se amplíe o grao de información da normativa por parte dos responsables de urbanismo dos gobernos locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?