Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O complexo alacantino da Cidade da Luz amosa o seu interese por colaborar co CLAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O complexo alacantino da Cidade da Luz amosa o seu interese por colaborar co CLAG

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clag_cidade_luz.jpgO Clúster Audiovisual Galego (CLAG) segue a traballar por ampliar na medida do posible o seu eido de acción. En definitiva, por facer mundo e mercado, con axuda da Rede, da procura constante de contactos e novas canles e, tamén, da súa presenza continua en eventos internacionais (por exemplo o Mercat de Catalunya ou o de IBC de Amsterdam). Este labor está a traducirse en apoios como o que lle vén de amosar o equipo de responsables da Cidade da Luz (o moderno complexo cinematográfico de Alacant) que se reuniron esta semana en Compostela cos representantes do CLAG, entre outras cousas para amosarlles o interese pola súa actividade e, tamén, por selar alianzas empresariais estratéxicas.
Precisamente, así o deu a coñecer a mañá de onte José Luis Román, director xeral de Aguamarga, no transcurso dunha xuntanza que serviu para afianzar canles de colaboración e “múltiples opcións de negocio”.
O encontro, que en realidade é a segunda toma de contacto entre ámbalas entidades, tamén tivo como finalidade intercambiar experiencias arredor das moitas incorporacións (físicas, técnicas e humanas) das que vén de ser obxecto a Cidade da Luz ao longo deste ano, infraestruturas que (apuntaron os responsables do complexo alacantino), de seguir cara adiante esta colaboración, poderían poñerse en parte a disposición das empresas galegas.
Segundo comenta o propio clúster galego, a Cidade da Luz leva operativa dende 2005, a sendo un complexo empresarial concibido como un proxecto do director Luis García Berlanga, coa finalidade de ser “un gran centro audiovisual para acometer producións de calquera natureza’ segundo explicou José Luis Román. Localizada nunha zona xeográfica de 300 hectáreas., con grandes posibilidades de espallamento futuro, a Cidade permite levar a cabo plans de rodaxe moi sincronizados e operativos, segundo os seus responsables, co incentivo dunha política de subvencións moi competitiva da Generalitat Valenciana, que pode oscilar entre o 16 e o 20% do investimento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?