Grupo Gowex, compañía española de servizos de telecomunicacións e primeira Plataforma Mundial de Roaming Wi-Fi, vén de presentar unha nova publicación mensual e en liña feita a partires das novidades máis relevantes da tecnoloxía sen fíos, La Vida WiFi.
O boletín achega todo tipo de novas e análises relevantes sobre o mundo sen fíos e expón a actualidade e as tendencias nacionais e internacionais que se dan no mercado das novas tecnoloxías.
Asemade, este newsletter, que ofrece a posibilidade de subscribirse para recibilo mensualmente, tamén permite que os lectores amosen as súas observacións e opinións sobre o tema das conexións sen fíos.
O primeiro número, correspondente a este mes de setembro, inclúe unha entrevista a Jorge Lang, director de comunicacións de Intel así como diversas seccións: Eventos, Iniciativas, Informes, Normativas e Novos Produtos.
O presidente do Grupo Gomex, Jenaro García, apunta na editorial do primeiro número que a pretensión desta publicación é, entre outras cousas, “descubrir a actualidade e as tendencias nacionais e internacionais, así como crear un foro onde os profesionais máis influentes aporten os seus puntos de vista”.
Nas vindeiras semanas, o newsletter estará a disposición dos interesados dende a páxina web oficial do grupo de comunicación e manterase aberta á opinión de tódolos lectores interesados en participar con algún tipo de achega útil.
Estrease unha publicación en liña sobre tecnoloxía Wi-Fi en España
Compartir Este Artigo

