Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vindeiro ano comezará con 4.000 millóns de móbiles no mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O vindeiro ano comezará con 4.000 millóns de móbiles no mundo

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobiles_china.jpgA telefonía non para de medrar no mundo, e a un ritmo de vertixe. Segundo datos da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) recollidos por Elpais, a finais de ano haberá 4.000 millóns de aparellos no mundo, o que supón unha taxa de penetración do 61%. Porén, cómpre non deixarse de levarse polo entusiasmo, e moito menos polo entusiasmo corporativo: nin é certo que cada móbil desa cifra sexa propiedade dunha persoa (medran os usuarios de varios terminais pero manténdose o número de persoas que non teñen ningún ao seu alcance), nin é verdade que sexan todo vantaxes (o acceso á era dixital da comunicación ten para os países en desenvolvemento un reverso terrible: milleiros e milleiros de teléfonos que xa non se usan van dar directamente a vertedoiros sen control).
Con todo, segundo engadiu a UIT os días pasados, o proceso semella arestora máis que imparable, feito que non tería por que achegar consecuencias negativas se os países aos que toca máis de preto, como por exemplo China, amosasen maior vontade de asegurar unha segunda vida máis axeitada a estes aparellos. Ou de evitar os novos sistemas de escravización nas plantas de ensamblaxe.
O caso é que en poucos sectores tecnolóxicos se ten rexistrado tal índice de medre: a progresión anual foi do 24% entre 200 e 2008. A data clave foi a deste ano en curso con respecto anterior: en 2007 había no mundo 3.300 millóns de teléfonos. Este repunte débese en boa medida ao desenvolvemento de países como o devandito xigante asiático (que superou os 600 millóns de móbiles comercializados nun ano), Brasil ou India.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?