Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo dá a coñecer o dicionario inglés-galego máis exhaustivo da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo dá a coñecer o dicionario inglés-galego máis exhaustivo da Internet

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Xosé María Gómez Clemente e Xavier Gómez Guinovart durante o acto de presentación da segunda edición do CLUVI
Xosé María Gómez Clemente e Xavier Gómez Guinovart durante o acto de presentación da segunda edición do CLUVI
A Universidade de Vigo comezou a semana apostando polas novas tecnoloxías da información como vehículo para o achegamento de culturas e identidades, ou, máis polo miúdo, como chave para atopar e abrir portas entre linguas. De feito, non foi casualidade que o Seminario de Lingüística Informática elixira o Día Internacional da Tradución para presentar na Facultade de Filoloxía a segunda edición do CLUVI, o dicionario inglés-galego que, desta volta, incorpora un total de 20.000 termos traducidos do inglés ao galego, converténdose desta maneira (en palabras dos propios responsables da obra) na iniciativa do seu eido concreto máis completa do universo web.
Máis en detalle, a actualización do CLUVI, presentada o luns por Xavier Gómez Guinovart (coordinador do proxecto) e Alberto Álvarez Lugrís (profesor), é catro veces máis grande có resto de dicionarios que hai arestora dispoñible na Internet sobre estas dúas linguas.
Ente as grandes novidades que inclúe esta segunda edición podemos salientar a seguinte: todo o traballo foi desenvolvido a raíz dun corpus de traducións inglés-galego de 10 millóns de termos, incorporándose en consecuencia exemplos de emprego real en cada unha das acepcións incorporadas nas diferentes entradas.
Alberto Álvarez Lugrís e Xavier Gómez Guinovart durante a presentación do novo dicionario inglés-galego
Alberto Álvarez Lugrís e Xavier Gómez Guinovart durante a presentación do novo dicionario inglés-galego
“O feito de que todas as palabras conten cun exemplo real convérteno nun produto moi especial”, manifestou Álvarez Lugrís, permitíndonos esta utilidade facer procuras simples e complexas de verbas illadas ou de secuencias de verbas e esculcar as equivalencias plurilingües dos termos pescudados nos seus contextos de uso en traducións reais e documentadas.
Asemade, para esta actualización do volume en liña abriuse (unha vez máis) o camiño a novas verbas de aceptación recente, como é o caso de “pirata informático” ou “Viagra”.
O dicionario, que ten tras de si unha década de exhaustivos traballos de investigación por parte do devandito Seminario, podería estar dispoñible en formato tradicional (libro) antes de que remate o ano, estando só (polo de agora) accesible pola vía de Internet.
Amais de dar a coñecer o novo CLUVI, a Universidade de Vigo afondou noutros proxectos lingüísticos apoiados en semellantes ferramentas de traballo, as dixitais. É o caso da Neoteca, unha iniciativa que, como o seu propio nome indica, constitúe unha escolma de neoloxismos que xa está dispoñible para os investigadores.
O proxecto Neoteca, levado a cabo polo grupo TALG (grupo de traballo en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega), complétase con outra iniciativa en desenvolvemento: Termoteca, un recurso da Universidade de Vigo encamiñado a facilitar o acceso á terminoloxía lingüística especializada de certos eidos laborais, como por exemplo o do Dereito ou o da Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?