Expertos en comunicación empresarial de diversas compañías do sector, van abordar mañá, en Santiago de Compostela, o valor unha boa estratexia informativa orientada aos resultados de negocio, a través do foro Comunicación, claves para a mellora de resultados empresariais que organiza a Asociación para o Progreso da Dirección (APD).
O acto vai reunir na capital galega a directivos empresariais interesados en mellorar a imaxe corporativa das súas firmas e para iso, contarán coa colaboración de membros da Asociación de Directivos de Comunicación (DIRCOM) así como do Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, que se encargará de clausurar o acto ás 14:30 horas.
APD desvela en Santiago as claves para mellorar os resultados empresariais
Compartir Este Artigo

