Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia xa recibiu máis de 1.150 peticións de alta nos seus cursos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia xa recibiu máis de 1.150 peticións de alta nos seus cursos

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/09/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

centro_novas_tic_galicia_exterior.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vén de facer reconto do acadado ao longo da súa –polo de agora- breve vida no eido da divulgación gratuíta en materia de canles dixitais no eido laboral galego. Segundo informou hoxe a Consellería de Traballo (departamento responsable en boa medida da súa posta en marcha), o complexo con sede en Conxo (Santiago) xa recibiu máis de 1.150 solicitudes para a participación en actividades formativas. O centro, que foi posto en marcha o pasado 5 de setembro e contando cun orzamento de partida de 5,5 millóns de euros, ten arestora 16 cursos ofertados, 10 dos cales rematan o seu prazo de inscrición este domingo, polo que é ben probable que estes días se dispare a cifra de persoas que contacte co complexo co fin de inscribirse nas súas actividades.
Máis polo miúdo, para a primeira quenda de accións formativas xa hai máis de 600 peticións rexistradas, o que constitúe un total de 4,05 solicitudes por cada praza ofertada. Para os cursos que teñen o prazo aberto ata o 31 de outubro presentáronse polo de agora 541 peticións, ou sexa, 6,01 solicitudes por praza, cando aínda resta un mes para que finalice o período de inscrición.
Para participar nese programa formativo en concreto, o único requisito que se pide (amais do propio rexistro) é a superación dun exame previo á propia actividade educativa. Este responde á seguinte arela do centro: crear grupos de alumnos con coñecementos tecnolóxicos equiparables e, ao mesmo tempo, abondos como para afrontar os cursos cunha base mínima de información.
Polo que respecta ao emprego da web do centro ao longo deste mes escaso de vida, a Consellería de Traballo tamén deu a coñecer unha serie de datos de interese. En liñas xerais, constátase un elevado número de visitas, o que dá conta (informa o departamento da Xunta) do alto interese que espertan arestora entre os traballadores galegos as achegas educativas arredor das novas tecnoloxías da información, dato aínda máis salientable se temos en conta a natureza técnica e especializada das cuestións tratadas. Así, entre o 8 e o 28 de setembro rexistrouse unha media de 221 accesos por xornada, ata acadarse un total de 6.400 visitas.
O programa de actividades
Por certo que no balance dos froitos acadados ata o de agora polo centro, a Consellería de Traballo tamén achegou información sobre o programa de actividades a curto, medio e longo prazo do devandito complexo. O programa, que está definido ata o vindeiro mes de xuño incluíndo ata 50 cursos especializados, ten un obxectivo duplo: por unha banda avaliar as necesidades de novas tecnoloxías que ten o mercado actual de traballo e, pola outra, traballar pola cualificación de especialistas no sector e pola certificación axeitada dese coñecemento adquirido.
Para facérmonos unha idea da índole da achega formativa do centro, Traballo informou polo miúdo do que se está a ofertar, sen ir máis lonxe, este mes de outubro: cursos dedicados á programación en Java ou á administración de sistemas Windows Server 2008 – MCITP Server Administrator. En novembro desenvolveranse, entre outras, actividades relacionadas coa dirección de proxectos informáticos ou co aprendizaxe de fundamentos de ITIL (metodoloxía para a organización e desenvolvemento de proxectos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?