Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo telecentro con 20 ordenadores en Muros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo telecentro con 20 ordenadores en Muros

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telecentro_muros-3.jpgA Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual segue adiante co seu proceso de apertura de espazos/aulas de acceso a Sociedade do Coñecemento en diferentes recantos da nosa xeografía. Se os días pasados falamos nesta mesma web dos inaugurados en Arzúa e máis en Carballo, agora toca dar conta dunha nova achega, a de Muros, que pasa xa a formar parte da Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) do dito departamento da Xunta.
O novo centro, que foi inaugurado este luns polo director xeral Manuel Xosé Fernández Iglesias e o alcalde Domingos Dosil, contará con 20 terminais de computador, acceso á Internet de alta velocidade e o equipamento indispensable para contribuír a afianzar aos veciños e veciñas do concello na Sociedade da Información. Máis polo miúdo, a idea dos responsables da apertura do espazo de conexión é a de convertelo, a curto e medio prazo, nun punto de partida axeitado para introducirse na comunicación audiovisual e na alfabetización dixital.

O director xeral de Comunicación Audiovisual e o alcalde de Muros inauguraron o telecentro de comunicación do concello de Muros
O director xeral de Comunicación Audiovisual e o alcalde de Muros inauguraron o telecentro de comunicación do concello de Muros
Durante o acto oficial de posta en longo do centro, no que tamén participou a través de videconferencia o alcalde de Santa Comba (dándolle a benvida ao de Muros á rede RTC e ao traballo colaborativo da mesma), deuse a coñecer a cifra do investimento achegado para a súa posta en marcha: 120.000 euros.
Entre os obxectivos da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual con esta iniciativa en concreto, cóntase tamén o seguinte: converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación (TC) para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, conferencias, etc…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?