
As ligazóns para mercar música e videoxogos están presentes polo momento en clips de EMI Music ou do videoxogo Spore (de Electronic Arts), e coma plataformas de comercio electrónico asociadas se limitarían polo momento a iTunes e Amazon, aínda que agardan que pouco a pouco outras industrias se vaian sumando a esta iniciativa, pois esta fórmula de promoción comercial estaría bastante ben dirixida ao seu público obxectivo.
Dende YouTube pretende ir engadindo ligazóns ás compras de temas musicais na meirande parte dos seus vídeos musicais e, aínda que nos primeiros meses esta solución só se aplicará a usuarios norteamericanos, agardan unha futura expansión internacional.
Con esta innovación en YouTube, o portal de vídeos de Google reduciría a súa dependencia dos anuncios, e se metería de cheo no comercio electrónico, de xeito que podería aproveitar a temática dos vídeos en reprodución para suxerir a adquisición de programas de televisión, películas, libros, revistas e toda clase de produtos. Este tipo de ligazón normalmente é moito máis rendible que os anuncios, pois en vez de xerar ingresos publicitarios se transforman en comisións de compra.
YouTube incorpora botóns de compra durante a reprodución dos seus vídeos (para o público estadounidense)
Compartir Este Artigo

