
O curso, Internet como ferramenta de busca de documentación científica, terá lugar na súa aula virtual acabada de habilitar do 10 ao 23 de novembro e realizarase mediante unha plataforma de e-learning na cal se presentan os contidos, teóricos e prácticos, para que os alumnos os vaian desenvolvendo dende as súas casas, ao tempo que resolven as dúbidas que se lle presenten mediante titorías en liña.
Os obradoiros, que son de balde, van dirixidos ao público en xeral, e os interesados en asistir teñen como data límite de inscrición o vindeiro día 27 de outubro.
O CEIDA achega máis información premendo nesta ligazón, así como a través do correo electrónico, documentación@ceida.org e do teléfono 981 630 618.
O CEIDA estrea aula virtual cun obradoiro en liña sobre procura de información científica
Compartir Este Artigo

