Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A e-receita do Sergas permitirá aliviar a conxestión nos centros e favorecerá o día a día dos pacientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A e-receita do Sergas permitirá aliviar a conxestión nos centros e favorecerá o día a día dos pacientes

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tourinho_e-receita.jpgA receita electrónica vai ser a curto e medio prazo un dos piares fundamentais nos que se apoie a aposta tecnolóxica da Consellería de Sanidade. Así o fixo saber o pasado venres o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante o acto de posta en marcha do Sistema de Dispensación do dito recurso sanitario-dixital, unha ferramenta que, entre outras achegas de interese para os cidadáns, deixaría marxe para incrementar nun 30% o tempo dispoñible para a atención médica directa nos pacientes, co que se contribuiría a aliviar a conxestión na rede sanitaria galega.
Asemade, será de especial importancia para os doentes crónicos, sobre todo en cuestións de comodidade e de axilización dos trámites, podéndoselles prescribir tratamentos para un máximo dun ano. A presentación oficial deste servizo, celebrada en Miño, contou tamén coa presenza da conselleira de Sanidade, María José Rubio.
A e-receita, que pasará a incluírse na historia clínica electrónica do Sergas, chegará a 45 concellos antes de que remate o ano, dando servizo a uns 220.000 galegos e galegas. A idea é estender o seu uso en toda Galiza ao longo do ano que vén.
Por certo que a ferramenta non só traerá unha mellora na atención aos cidadáns, senón tamén un traballo máis coordinado entre facultativos e entre estes e os responsables das farmacias, que terán unha oportunidade para optimizar a súa capacidade de xestión e de manexo de stocks. De feito, a e-receita crea reforza ligazóns entre todos os puntos de sistema: tanto os que integran a rede de farmacias como os centos de distribución e saúde como os propios hospitais. Contribuirá pois a crear unha rede de comunicación en si mesma.
Este recurso, que comezou operando en tres dispensarios de Miño, estase a estender agora a Salceda de Caselas. Unha das grandes vantaxes que está a achegar este servizo é sen lugar a dúbidas o devandito de aforro de tempo, esforzos e desprazamentos para os doentes. No caso dos enfermos crónicos con múltiples medicacións, como dixemos, o sistema evitaríalles viaxes continuas aos puntos de atención, achegando dispensacións por un máximo anual que logo o propio médico regula.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?