Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Sonen presenta o seu software para a medición do illamento acústico en edificios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Sonen presenta o seu software para a medición do illamento acústico en edificios

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sonen.jpgEn Galiza estase a facer software de alto nivel alto de especificidade, e iso, lonxe de calquera outra consideración, non pode deixar de ser cualificado como un bo sinal. Esta, a vontade de achegar prestacións e utilidade para contornas e situacións moi concretas, é unha das grandes características da máis recente proposta da firma galega Sonen, o Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións que ten a súa sede na Tecnópole de Ourense. Máis polo miúdo, o seu novo desenvolvemento informático (que vai ser presentado cun relatorio no II Congreso de Illamento Térmico e Acústico que se está a celebrar en Madrid) vai dirixido ao cálculo de illamento acústico segundo o Código Técnico da Edificación.
Esta regulación, sinala a empresa, é de recente entrada en vigor e abrangue unha nova normativa de salvagarda dos inmobles perante o ruído, algo que lles toca de preto a todos os axentes implicados na súa construción. Ou sexa, que se antes abondaba con avaliar as características das partes do edificio por separado e previa a construción, agora obrígase a analizar a casa coma un todo.
Polo tanto, co fin de levar a cabo este proceso coa total seguridade de cumprir cos regulamentos establecidos, son precisas ferramentas que calculen polo miúdo os niveis de illamento. A ferramenta de Sonen, SonArchitec, sinala a empresa, vai a prol deste obxectivo.
Por certo que o software foi desenvolvido ao longo dos últimos meses en colaboración co grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo. “Este produto”, engade a empresa, “cobre a lagoa que as esixencias do Código Técnico de Edificación deixou no mercado, xa que as ferramentas de cálculo existentes verifican só o illamento por pares de recintos (habitacións), o que obriga ao arquitecto a introducir varias veces os datos dun mesmo proxecto”. Máis en detalle, o software analiza o conxunto do inmoble, facendo verificacións integrais dos requirimentos para todos os pares de recintos dunha mesma casa, emitindo logo unha folla xustificativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?