
Segundo un novo estudo da firma Panda e do que se fai eco Baquia.com, tan só un 5,77% dos e-mails que chegaron ás empresas durante o terceiro trimestre do ano 2008 eran lícitos, fronte a case un 92% do spam e o 2,3% de malware.
O estudo en cuestión, feito sobre 123 millóns de mensaxes, bota luz sobre a natureza desa porcentaxe pequena pero cen por cen preocupante de correos malware, entre os que cómpre salientar a presenza do verme Netsky.P e os troianos SpamtaLoad.DO e SpamtaLoad.CZ. Polo que respecta ao groso do paquete, o spam propiamente dito, sinalar que o hai de todos os tipos, sendo tamén frecuente a mestura de formatos e obxectivos: mensaxes con corpo en aparencia normal, preferentemente de nova, que logo descargan infeccións cando cliquamos para máis información.
Un exemplo disto foi o envío masivo de supostos estoupidos da terceira guerra mundial que comentamos nesta mesma web. Por certo que no informe de Panda indícase que o repunte na circulación de spam pola Rede rexistrouse no mes de agosto, cun 93% de porcentaxe, en boa medida tirando partido do meirande tempo de lecer dos internautas e da baixada de garda das empresas, institucións e entidades.
A temática é a de costume, sendo os milagres para incrementar a potenciación sexual os máis abondosos reclamos (23%), seguidos de produtos farmacéuticos e empréstemos.
Só un 5,77% dos e-mails enviados no pasado verán eran correos legais
Compartir Este Artigo

