
Segundo se conta en Publico.es e máis en AGNIX, o programa en cuestión, malia estar aínda en fase de desenvolvemento, xa se sitúa como unha boa alternativa aos programas tradicionais de xestión empresarial, dos que por certo recolle unha boa cantidade de feituras e servizos.
A ferramenta, que coma os sistemas do eido corporativo incorpora aplicacións para a contabilidade e o manexo da información sobre clientes e provedores, vai alén da natureza mesma destes sistemas singularizándose no panorama informático internacional. E, de ir tan lonxe, preséntase de feito como a única opción existente a día de hoxe con características exclusivas para o funcionamento dunha ONG. Esta feitura de especie única refórzase asemade co seu prezo: cero euros.
A ferramenta, que é froito dunha iniciativa de CENATIC para promover o emprego e difusión de software libre, xurdiu como unha maneira de encher un oco: perante a falta de interese económico, non había compañías que quixeran facer algo específico para o eido das entidades sen arela de lucro. Deste xeito, CENATIC sacou a concurso o proxecto para as empresas de software libre que quixeran animarse a desenvolver este programa de xestión, sendo Entel, finalmente, a empresa adxudicataria.
Gong: o primeiro software libre específico para a xestión das ONGs
Compartir Este Artigo

