A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, vén de inaugurar oficialmente o seu novo centro no concello de Salceda de Caselas, co que pretende mellorar os “xa excelentes resultados” obtidos dende que comezaron a súa actividade na comarca en xaneiro do pasado ano.
O acto tamén serviu para facer reconto do feito ata o de agora no dito espazo: deuse a benvida xa a un total de 204 usuarios e usuarias e desenvolvéronse 60 obradoiros de achegamento ás novas tecnoloxías, nos que participaron un total de 403 persoas, das que un 63 por cento foron mulleres.
A Rede de Dinamización pudo comprobar que practicamente o 75 por cento dos usuarios e das usuarias participantes nestes obradoiros foron persoas adultas de máis de 25 anos, sendo o grupo máis activo o de idades comprendidas entre os 35 e os 44 anos (26 por cento) e destacou o alto número de persoas maiores (de máis de 55 anos) que se achegaron a realizar un obradoiro, un 20 por cento.
No centro tamén tiveron lugar diversas charlas e relatorios nas que se dou coñecer a actividade da Rede de Dinamización entre distintos colectivos e asociacións de Salceda de Caselas e nas que informaron sobre a oferta formativa do Centro e se recolleron suxestións dos propios asociados acerca dos obradoiros e actividades que consideraron máis interesantes.
Salceda de Caselas estrea novo Centro de Dinamización
Compartir Este Artigo

