Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta, Microsoft e Google amosaron en Vigo as vantaxes da Rede multicultural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta, Microsoft e Google amosaron en Vigo as vantaxes da Rede multicultural

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/10/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

1225272333idadedixital.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística reuniu onte en Vigo a representantes de algunhas das máis influentes presenzas na Rede de hoxe. A súa idea, achegándolles voz a estes profesionais na nosa terra, foi afondar un pouco máis nas posibilidades das linguas pequenas nun mundo, o que vivimos, que pasa de xeito inevitable pola Internet. As conclusións da xuntanza, que se desenvolveu na Estación Marítima no marco da mostra As nosas palabras os nosos mundos, foron de diversa índole, aínda que en todas as voces que interviñeron se puideron rastrexar unhas cantas ligazóns de entendemento. Por exemplo: apostar polo uso das novas tecnoloxías e do galego é unha estratexia de valor dupla que, lonxe reducir o efecto de cada unha das partes e/ou compromisos, enriquéceos. Así o fixo saber a secretaria xeral, Marisol López, e así o fixeron saber os representantes das empresas Google e Microsoft que participaron na xornada (Luis Collado e Montserrat Pardo, respectivamente).

Imaxe da xornada publicada por Vieiros nunha entrevista a Luis Collado
Imaxe da xornada publicada por Vieiros nunha entrevista a Luis Collado
O galego, subliñaron, non só ten futuro na Rede, é que en realidade non quedaría outro vieiro xa para que o chimpo ao futuro do empresariado local fose firme e longo abondo. É dicir, se unha empresa ten que usar nesta sociedade competitiva as armas que a distinguen, que mellor que tirar proveito da lingua que lle é propia?
Para Marisol López, puidemos saber ao longo desta xornada (que se desenvolveu baixo o título A idade dixital do galego), é unha clara cuestión de rendibilidade empresarial. E proseguiu: “As empresas tecnolóxicas e os desenvolvedores de programas levan anos demostrando que o emprego da lingua local, o galego, non é un atranco para lanzar fóra, ao espazo global, os seus produtos”. Máis ben o contrario, sobre todo se temos en conta o compromiso cada vez máis firme da comunidade internauta polo plurilingüísmo e, tamén, polo respecto á propia identidade de cada quen. Se a isto lle engadimos unha apertura á lusofonía pola vía do galego na Rede, entón a elección aínda se presenta máis idónea.
Na xornada, na que tamén interveu o director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo (Xosé María Pousada), tamén se puxo de manifesto a importancia de apostar polo galego dende o punto de vista contrario, o das grandes empresas de alén das nosas fronteiras. Neste senso, a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica (Montserrat Pardo) relembroulles aos presentes os pasos que ten dado a súa empresa en materia de respecto pola multiculturalidade nas redes, unha aposta que é boa para a empresa que a leva a cabo (cubre máis espectro de posibles clientes) e para a propia lingua, neste caso concreto a galega, xa que é obxecto por esta vía dun labor de normalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?