
Algo disto houbo no proceso, segundo sinalan estudos como o que está a desenvolver Nielsen Online e que entre outros conceptos xenéricos sinala a actividade de Obama e máis o seu equipo nas redes sociais como responsable en certa maneira da mobilización de sectores sociais que ata o de agora ficaban máis fixos nos seus asentos en xornadas de eleccións que o eido da industria discográfica tradicional ante os retos do novo mercado.
Enleadas aparte, o certo é que o traballo de Obama e sobre Obama na Rede foi continuo: segundo sinala a dita consultora, os comentarios sobre o presidente entrante achegados en foros, blogs e comunicades duplicaron os que xiraban arredor do seu contrincante nos comicios.
Deste xeito, e só no mes de outubro, os usuarios da Internet subiron un novo chanza na escala da repercusión informativa en liña sobre Obama ata ir alén da liña dos 1,8 millóns de comentarios, ficando as alusións a McCain nunha cifra de 1,2 millóns. Estes e outros números, en certa maneira, non só veñen a apoiar a crenza de que o positivo, con total independencia de se é en clave positiva ou negativa, é que falen de un, senón tamén a idea devandita sobre a necesidade de facer fondas incursións na Rede para levar a cabo calquera tipo de proxecto. Obter a presidencia do país máis poderoso incluído.
Polo que respecta a España, os usuarios da Rede tamén se inclinaron por Obama, polo menos á hora de lanzar comentarios en liña sobre el. De feito, sumáronse 8.300, moi por diante do que contabilizou McCain: 5.500.
Por certo que a web persoal do candidato demócrata, www.barackobama.com, tivo un seguimento de máis de 7,9 millóns de internautas ao longo do mes de setembro, mentres que a do seu contrincante obtivo unha taxa de 4,1 millóns durante o mesmo período.
A Rede: culpable dunha boa medida do éxito de Obama
Compartir Este Artigo
