Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es presenta na nosa terra as novas edicións dos seus programas de Internet para empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es presenta na nosa terra as novas edicións dos seus programas de Internet para empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Internet_no_traballo-360x287.jpgRed.es, a entidade pública empresarial do Ministerio de Industria, está a piques de retomar no eido práctico dúas iniciativas dirixidas a afianzar o emprego de novas tecnoloxías da información nas empresas: as Xornadas Empresas en Rede e o programa Ningunha Empresa sen Web (do que xa temos falado nesta web co fin de presentalo como unha porta de entrada a Internet para as firmas de investimentos reducidos). Estas dúas actividades de promoción, activas nesta segunda quenda ata 2009, contan coa colaboración da Xunta para o seu desenvolvemento a nivel galego.
Precisamente, Red.es vén de informar sobre a posta en marcha dos programas na nosa terra. Por unha banda, sinalar que as Xornadas arrancarán o martes 11 de novembro na Coruña, cunhas sesións de sensibilización tecnolóxica (trátase de informar das moitas vantaxes das TIC na xestión, na venda ou na distribución) que comezarán ás 12.00 horas no Hotel Eurostars Palace. Segundo informa Red.es, os empresarios que desexen participar poden inscribirse a través da web www.jornadasempresasenred.es e do teléfono 902 012 094.
Polo que respecta a NEW (Ningunha Empresa sen Web), incluirá na súa nova aplicación en Galiza unha serie de obradoiros presenciais encamiñados a favorecer a compra de servizos de Internet ás pequenas e medianas empresas. Quen desexe participar nesta iniciativa deberá inscribirse na páxina www.programa-new.es ou no teléfono 900 22 33 22. Tanto a través dunha canle como da outra, é posible contratar o paquete de servizos de presenza na Internet que mellor lle acaia ás necesidades de cada negocio, e todo dende 60 euros ao ano. A nova edición de NEW, que conta coa achega participativa de 21 empresas (ofrecendo prezos especiais ás empresas que non contan con grandes investimentos) darase a coñecer en primeira instancia en Ourense, o vindeiros mércores 12 de novembro, estando prevista a chegada a Lugo o 2 de decembro e ás outras provincias galegas en 2009.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?