Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a Semana da Ciencia máis ecolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a Semana da Ciencia máis ecolóxica

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

semana_ciencia_2008.jpgA Semana da Ciencia 2008, actividade xenérica organizada a nivel europeo, ten en Galiza un dos seus centros de operacións máis activos. E o repunte de actividade, que xa comezamos a albiscar nos días previos, arranca oficialmente este luns cun total de 106 accións diferentes de divulgación científica organizadas por máis de 60 entidades públicas e privadas de toda a nosa xeografía. A Semana, que conta en Galiza coa Consellería de Innovación en labores de coordinación, estenderase ata o 23 de novembro. Por certo que este ano, coincidindo coa celebración do Ano Internacional do Planeta Terra, unha boa parte das actividades programadas (a nivel xeral, non só galego) xirarán arredor dun mesmo eixe: as ciencias como solución para o esgotamento dos recursos e o efecto invernadoiro.
O alicerce da Semana Ciencia 2008 é o mesmo que o doutros anos, pero procurando a mellor sintonía posible cos principais destinatarios do evento: a mocidade galega de hoxe, comunidade científica e investigadora do mañá.
Neste senso, véñense de reforzar os contidos achegados pero, sobre todo, as canles e os formatos. Dito doutro xeito: a ciencia de cara á sociedade en xeral non é nada se non atopa un eido de comunicación axeitado. Os pasos a dar están indo cara á participación activa, o lúdico, o informal e, tamén, o definitivamente artístico (de feito, segue adiante dentro da Semana a xira de Chévere co seu cabaré científico SOS Planeta Terra).
En Galiza, como dixemos, a Semana da Ciencia está coordinada pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de I+D+i, en colaboración con FECYT, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Ciencia e Innovación, que coordina o evento no ámbito estatal. O orzamento investido pola Consellaría neste evento achégase aos 800 mil euros. Por certo que as actividades do programa xa poden ser consultadas polo miúdo na web da Semana, onde se dá conta dos lugares, as temáticas e os formatos das diferentes accións preparadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?