Ante as súas dificultades económicas Mobuzz TV iniciou unha campaña de recollida de doazóns para que os seus seareiros puidesen salvar os populares videoblogs, para o que sería preciso que conseguisen 120.000 euros antes do pasado domingo, pero a cousa quedou en pouco máis do 37% do que necesitaban, o que parecería un fracaso rotundo, pero que grazas á atención captada durante os últimos días Anil de Mello, fundador da compañía, asegurou que se aceleraron as negociacións que estaban a levar a cabo para manter a empresa, e que polo de pronto este martes retomarán a publicación da súa programación orixinal.
De Mello tamén destaca que a conxuntura económica non facilita a incorporación de socios capitalistas a Mobuzz TV, pero aseguran que contan cun «plan de negocio claro e detallado», aínda que a publicidade de vídeo en liña non chegou ata 2008. Por fortuna, a campaña de salvamento da compañía se converteu nun viral, o que lles deu o pulo que precisaban para manterse ao pé do canón, agardemos que por moito tempo.
Anil de Mello explicando a situación actual de Mobuzz TV
Mobuzz TV sálvase da súa crise e retoma as súas emisións
Compartir Este Artigo
