Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A presidencia dos EE.UU., máis na Internet que nunca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A presidencia dos EE.UU., máis na Internet que nunca

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O dominio na nova web leva o cambio no seu nome
O dominio na nova web leva o cambio no seu nome
Xa o dixemos logo das eleccións presidencias dos Estados Unidos: a Barack Obama gústalle Internet. E se non lle gusta, fai coma se así fose. Esta tendencia estase a plasmar de diferentes maneiras, como por exemplo a través dunha páxina web feita para recoller ideas dos cidadáns: Change.gov, espazo en liña do que xa falamos os días pasados en Código Cero. Os motivos de Obama para facer vida na Rede non son para menos: en parte o seu éxito débese á amplísima campaña de captación de seareiros despregada na Internet, levada a cabo de xeitos moi distintos. Pois ben: semella que como presidente entrante non vai deixar sen máis uso os estrados e os altofalantes virtuais empregados na campaña, máis ben todo o contrario. Segundo sinala El Mundo facéndose eco de diversas opinións de analistas políticos, a idea é darlles lustre todos os días e traballar, apoiándose neles, a prol da cidadanía dixital. Dito doutro xeito: a prol de permitir que a sociedade do país poida interactuar libremente co seu Goberno a través das redes, lle beneficie ou lle prexudique (ao Goberno).
En certa maneira, o seu punto de vista acerca de figurar na Internet é moi semellante ao que se podería entender como dar a cara: as 24 hora do día e con dispoñibilidade total. Segundo se sinala en o caderno sobre política Techpresident.com, a política de Obama vai seguir con toda probabilidade no camiño de tirar o proveito máximo das canles dixitais, en boa medida porque na Internet estase a dar un paradoxo digno de terse en conta: o poder político medra en consonancia coa marxe de participación pública que se lle dea á sociedade no eido dixital. Dito doutro xeito: se Obama quere manterse firme no poder vai ter que seguir avanzando nas posibilidades da concorrencia dixital.
Este fervedoiro de accións e debates na Internet procedente do eido público e dos seus representantes está a confluír de xeito especialmente salientable en páxinas como a devandita Change.gov, un espazo habilitado para mobilizar á opinión pública durante as pasadas edicións e no que se está a convidar aos cidadáns a dar o seu punto de vista sobre a situación actual do país. A ferramenta, segundo diversos analistas, é dobremente útil: para os cidadáns porque poden exercer influenza sobre o rumbo político de Estados Unidos e para os seus representantes actuais porque lle toman o pulso á opinión pública e, ademais, amplían as súas bases de datos sobre posibles colaboradores (de feito, na web pídeselle aos internautas información de primeira utilidade para os gobernantes).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?