
Estes espazos, físicos e virtuais, irían destinados ao coñecemento xeral das novas tecnoloxías e do eido rural galego, informa o grupo GIS-T. A idea, tendo en conta que Granxa Familiar naceu sendo un proxecto específico de promoción económica vía Internet para explotacións de Antas de Ulla, Brión e logo Lalín, é asentar agora as bases que permitirán un labor moito máis xenérico. Se cadra para estender os obxectivos cara a toda Galiza.
Volvendo á actividade preparada para a Semana da Ciencia, dicir que participan nela colexios de Santiago de Compostela , A Coruña e Ourense, como por exemplo o Pío XII, o Compañía de María, o López Ferreiro, o San Pedro de Visma ou o Amadeo Barroso, onde se incluíron e se inclúen mostras, obradoiros e outras actividades de sensibilización. Asemade, cómpre sinalar que os froitos destas e outras actividades serán recollidos en formato audiovisual e presentados ao longo da Semana da Ciencia arestora en activo.
A intención do GIS-T IDEGA é manter aberta esta actividade nos vindeiros anos, convidando a tódolos centros escolares e asociacións civís de Galicia a participar da experiencia.
A realidade das granxas galegas en liña, ao alcance dos nenos
Compartir Este Artigo

