Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compran Pisos.net por 150.000 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compran Pisos.net por 150.000 euros

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Que un servizo web de comercialización de inmobles se poña á venda pode ser sinal de dúas cousas opostas: que a crise está a recruarse ou que estamos a saír da fochanca. Con todo, hai unha terceira vía: que a operación en si mesma non queira dicir ren. O caso é que o Grupo Anuntis vén de adquirir o dominio Pisos.net por 150.000 euros e a través da web Sedo.com, sendo o obxectivo básico desta operación o de calquera operación de compra empresarial: ampliar, dende o punto de vista do que merca, as súas estratexias de mercado. Neste caso concreto e como curiosidade a ter en conta, do que se trata é de afondar nas posibilidades dunha leira que no plano teórico non dá máis: a inmobiliaria.
A operación do Grupo Anuntis, se cadra un movemento á espera de tempos mellores (a economía desenvólvese en círculos), ten máis interese dende o punto de vista cualitativo (a natureza mesma da web, visitada por milleiros de persoas cada día) que polo prezo en si mesmo desembolsado.
Dito doutro xeito: a ninguén se lle pode escapar que mercar un espazo virtual de nome tan estratéxico (pisos.net, en referencia a consultas sobre o tema na Internet, case se teclea só) no medio da crise que sofre o sector no real, pode darlle a razón, aínda que non dun xeito concluínte, aos que opinan que a crise é un camiño para a remodelación da economía e que non ten porqué afectar de xeito directo ao eido empresarial TIC. En tal caso, é ben posible que saia reforzado e ampliado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?