Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxin presenta o primeiro tradutor automático de inglés ao galego e viceversa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imaxin presenta o primeiro tradutor automático de inglés ao galego e viceversa

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/11/2008
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

imaxin_opentrad_ingles_galego_presentacion.jpgImaxin, empresa galega en boa medida responsable da posta en marcha do primeiro tradutor automático para todas as linguas do Estado, o OpenTrad, vén de aproveitar a súa experiencia para ampliar as posibilidades do devandito servizo: tanto en cuestión de utilidade como facilitando a conexión de Galiza con outras linguas e culturas. A ferramenta, que como todo recurso de software libre comparte certas características cos usuarios destas e doutras ferramentas (coma aqueles, nace para medrar e adquirir coñecemento), enche logo das melloras un baleiro tecnolóxico-cultural: o compartido polos galegos e os falantes da segunda lingua con máis presenza no mundo, logo do chinés mandarín: os ingleses. Máis en detalle, a ampliación do servizo OpenTrad feita por Imaxin permitirá por vez primeira a tradución automática de páxinas web redactadas en inglés á nosa lingua, e viceversa.
O recurso, que foi presentado na súa primeira etapa de evolución no Club Internacional de Prensa de Santiago, é segundo os seus responsables algo máis que unha ferramenta informática aberta. É unha porta, un acceso e unha canle para un meirande alcance do entendemento, a comunicación e a divulgación.
A posta en longo da ferramenta, que contou coa presenza de Diego Vázquez (director de Marketing da firma Imaxin) e José Ramom Pichel (director da Área de Tecnoloxía Lingüística), consistiu nunha presentación xeral das características da mellora e nunha serie de casos prácticos de tradución. Por exemplo: pasando a web de Vieiros ao inglés e información web nesta lingua ao galego. Os resultados, que aínda están por mellorar, amosaron que os primeiros alicerces do entendemento son firmes de abondo. De feito, agás algunha palabra susceptible de ser substituída por outra máis acorde co contexto, é ben posible abranguer o significado da práctica totalidade do artigo tratado.

Colaboracións presentes e futuras

O novo proxecto de Imaxin, que como dixemos aínda ten feitura de prototipo, contou no seu desenvolvemento coa axuda da Consellería de Innovación na cuestión orzamentaria. Asemade, dispuxo da colaboración do Grupo TALG da Universidade de Vigo (liderado por Xavier Guinovart) e máis do Grupo Gramática do Español da Universidade, a través do investigador Paulo Gamallo. Durante a presentación en Santiago, Vázquez e Pichel fixeron fincapé en que a colaboración externa no proxecto non remata aí. En boa medida, tal e como sinalou Pichel, do que se trata é de presentar unha tecnoloxía-nena/o perante os medios de comunicación e a sociedade galega en xeral para que se cree un bo clima de coidados e aprendizaxe. “A partir deste punto, calquera pode colaborar na mellora do sistema de tradución ou no código fonte”, comentou Diego Vázquez. “Neste intre”, engadiu José Ramom, poderíase dicir que a “ferramenta está aprendendo a ler”.

OpenTrad: resumo dun proxecto aberto

O OpenTrad, o marco no que se insire o engadido inglés-galego-inglés presentado hoxe, é un sistema de tradución automática en código aberto e personalizable para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto. Arestora, ademais do novo vínculo co inglés, está dispoñible a tradución bidireccional entre os pares castelán-galego (único sistema que permite a tradución en ambas as direccións), castelán-catalán, castelán-éuscaro (único sistema de tradución), español-francés, español-inglés ou inglés-catalán… así ata chegar a un total de 26 pares.
Para Diego Vázquez, é importante subliñar que se trata da primeira ferramenta aberta destas características que se coñece. “O resto das que temos constancia”, engadiu, “son todos pechadas e postas en marcha para linguas de moito uso”. OpenTrad, amais de designar ao sistema de tradución, designa tamén ao consorcio responsable da súa posta en marcha, do que forma parte Imaxin xunto coa Universidade de Vigo (Seminario de Lingüística Informática), a Universitat Politécnica de Catalunya, a Universitat d´Alacant (Grupo Transducens), a Universidade do País Vasco (Grupo IXA Taldea) e máis as empresas Elhuyar e Eleka.

En fase de mellora

“Este tradutor que presentamos hoxe”, engadiu Pichel no Club Internacional de Prensa, “cómpre comparalo con outros do mesmo segmento”. Dito doutro xeito: arestora, sendo como é un prototipo, non se pode agardar del o mesmo que se lle pide a outros recursos de OpenTrad, que contan cun nivel de eficacia moi alto e que están no punto de mira de usuarias e usuarios que lles esixen que sexan “case perfectos” (no eido da tradución automática, engadiu Vázquez, hai que ser realista: “Non hai nada perfecto”). En certa maneira, sinalaron, o nivel de uso e resultados é semellante ao que achega Systran, pero co mérito de ter sido preparado e posto en marcha en moito menos tempo: para o seu desenvolvemento empregáronse entre 6 meses e un ano de traballo. No que se refire á calidade das traducións achegadas, Pichel atendeu á importancia da asimilación: “Neste intre, o fundamental é que unha persoa que non sabe inglés saiba de que se está a falar nun texto redactado nesta lingua”. Porén, os responsables da firma Imaxin relembraron perante os medios da comunicación o salientable dun factor clave para a mellora máis que inmediata deste tipo de recursos: o factor desenvolvemento aberto. “Dentro dun ano”, concluíron, “os cambios achegados no sistema serán espectaculares”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?