Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Matemáticas de Santiago acolle esta semana unha mostra sobre a evolución do cómputo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Matemáticas de Santiago acolle esta semana unha mostra sobre a evolución do cómputo

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

semana_ciencia_matematicas_usc.jpgO ordenador que temos hoxe diante mentres lemos este texto non xurdiu da nada. Como moitas das cousas que nos rodean, non son máis que o simple elo dunha longa cadea de evolución. No caso concreto dos computadores, o seu xermolo está no intre mesmo en que un ser humano quixo facer o máis doada e rápida posible unha operación matemática. Semellante percorrido, que dá para moito, é o alicerce dunha mostra inserida dentro da Semana da Ciencia e que podemos visitar ata este venres 21 de novembro na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. O obxectivo da exposición, en boca dos seus organizadores (a propia Facultade), non é outro que dar a coñecer ás novas xeracións que non sempre foi doado facer cálculos, e que a humanidade non puído contar co privilexio de ter a man unha calculadora ou un ordenador ata hai ben pouco.
A mostra, composta por paneis explicativos, vai directamente orientada a cumprir o que ben podería chamarse “a máxima da Semana da Ciencia”: poñer a investigación o máis preto posible do ollo do cidadán común.
A liña que segue a mostra é unha liña lúdico-histórica: preténdese que os participantes se decaten de como a necesidade foi a que impulsou á xente a estimular o maxín na procura de acadar o que se propoñía, e de como os sistemas de cálculo foron gañando en complexidade atendendo ás novas necesidades. A mostra en cuestión, que ten horario de 10.00 a 21 horas, leva un título que fala por si só: Brevísima historia de como aprendemos a contar e os aparellos empregados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?