Como exemplo podemos ver que durante un videoclip de Katy Perry aparecen os botóns de compra da súa canción en Amazon MP3 e iTunesEn outubro YouTube comezou a incorporar a algúns vídeos botóns Click-to-buy que facilitaba a compra das cancións que se estaban a escoitar en iTunes ou Amazon MP3. O mesmo mecanismo se aplicaba a trailers de videoxogos ou a fragmentos de series de televisión e películas, o que foi todo un éxito e, por exemplo, as vendas dos DVD dos Monty Python aumentaron un 23.000% grazas a esta innovación que levou ao grupo de cómicos a ocupar o segundo posto en vendas de DVD en Amazon. Agora YouTube anuncia que está a espallar esta solución tecnolóxica fóra dos EE.UU. e do Reino Unido, chegando a países coma España, Alemaña e Países Baixos, destacando que as suxestións de compra non se producen só en videoclips oficiais dunha canción en concreto, senón que se identifica a música segundo o seu contido para instar á súa compra.