Semella que a crise provoca nos cidadáns unha necesidade inusual de evadirse da dura realidade e buscar cobixo na música, ese arte sen igual que produce nos oíntes mil sensacións distintas que varían en función da persoa, sexo, estado de ánimo, idade ou incluso recordos, e que pode facer pasar a un do sorriso ás bágoas nun “vira vira”.
É por iso que, ao igual que tódalas ferramentas virtuais de descarga de música, vídeos e contidos de ocio da Rede, a tenda virtual de Apple segue medrando a pasos axigantados en España e agora, segundo vén de anunciar a compañía, a iTunes Store do noso país, comezará a vender vídeos musicais por menos de 2,50€ (1,19€, 1,79€ ou 2,49€ dependendo do
Asemade, o servizo permite a compra e descarga de material audiovisual do repertorio de artistas populares, como No es lo mismo de Alejandro Sanz, Días de Verano de Amaral ou En que Estrella Estará de Nena Daconte.
Os devanditos vídeos musicais que ofrece a iTunes Store en España poden ser reproducidos en ordenadores, no iPod, ou no iPhone, así como en receptores de TV por medio de Apple TV.


Chegan os videoclips á iTunes Store do noso país
Compartir Este Artigo

