Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bankinter advirte en Santiago das posibilidades de negocio que achega o uso xeral do móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bankinter advirte en Santiago das posibilidades de negocio que achega o uso xeral do móbil

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fundacion_bankinter.jpgA Fundación da Innovación Bankinter estivo a semana pasada en Compostela para presentar, da man de BIC Galicia e Feuga, os datos máis salientables do seu estudo Tecnoloxías móbiles: apertura e novos modelos de negocio. A investigación, tal e como reflectimos en Código Cero, pretende destacar en todos os seus detalles as moi amplas posibilidades de desenvolvemento que presenta unha tecnoloxía especialmente presente nas nosas vidas: o teléfono móbil. Segundo fixeron saber os responsables da Fundación, non existe plataforma nin ferramenta de telecomunicación que gozase ou goce dunha mínima parte do proceso de espallamento que experimentou a telefonía móbil ao longo destes anos. Tendo en conta que están en case todos os fogares da nosa terra, sinalaron, e tendo en conta a súa capacidade de unir o tradicional co novo (entre os usuarios destes trebellos hai persoas de todas as idades e niveis de coñecemento), é probable que vaian acadar o que nin a televisión nin os computadores en liña acadaron aínda: a Sociedade da Información plena.
As cifras xerais acompañan: hoxe en día, o nivel de penetración a escala mundial é de máis do 60%. Asemade, e centrándonos no eido español, cómpre sinalar que o número de terminais supera hoxe nun 50% á cifra de habitantes. A maiores, en países como Francia ou Reino Unido, a taxa de penetración está arestora nunha porcentaxe de máis do 100%.
Isto, acompañado de outros sinais de medre, debuxa un panorama interesante non só para fabricantes e operadoras, senón para empresas de servizos web (posto que a tendencia é a de que cada vez haxa máis xente en liña grazas ao móbil), de contidos ou de xestión comercial (máis compras e vendas a través do terminal). Amais de todo isto e de xeito paralelo, medrarán as posibilidades de participar activamente nese mercado dende a sociedade de usuarios (tal e como se está a ver xa coa Web 2.0, a do Facebook ou YouTube, pero ao grande) e mesmo dende o tecido internacional de voluntariado (a chamada mobilaridade: a conexión de beneficio mutuo entre ONGs e operadoras, que contribúe a facer máis doada a achega económica aos países máis pobres).
Pero hai máis datos a ter en conta reflectidos e avaliados no estudo de Bankinter:
· Cada vez os móbiles serán máis verdes. De feito, ao longo de 2008 experimentouse un importante auxe da demanda deste tipo de aparellos, tanto no que se refire á procura da redución de consumo de enerxía como na busca de fontes alternativas.
· As posibilidades dos móbiles de cara ao desenvolvemento das redes sociais que xa podemos ver en Internet son altísimas: a posibilidade de localizar aos usuarios da rede en cuestión é un valor engadido.
· Agárdase a curto prazo un pulo sen precedentes ao uso do móbil no eido sanitario, de atención a persoas dependentes ou da emerxencia en xeral. Para Bankinter, hai xa uns cantos exemplos que serven de referencia do que está por vir: a Comunidade de Madrid, sen ir máis lonxe, onde grazas ao uso do móbil leváronse a cabo 8.000 expedientes de atención por emerxencias, sobre todo nas ligadas aos accidentes e rescates.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?