
Os produtos son en boa medida os mesmos cós da experiencia galega devandita: dende ovos a queixo, pasando por carnes de todo tipo, mel, licores ou hortalizas. A idea é a de apostar por un trato xusto co consumidor en todo o de amplo que ten a expresión: amais de ceibalo dos gravames dos intermediarios e de indicarlle ás claras para quen vai ir o diñeiro que paga, dáse a casualidade de que os produtos son todos eles ecolóxicos: non se usan nin pesticidas, nin aditivos nin manipulacións transxénicas.
Esta aposta polo xogo limpo, en troques de supoñer un incremento nos prezos, fica no ámbito do que se podería chamar competitivo grazas precisasemente á inexistencia de unha figura que infle os custes.
A iniciativa, que vén da man do sindicato agrario EHNE, vai dirixida a facer fronte común e a reunir nunha única rede ás ligazóns entre produtor-conxumidor que ata o de agora eran máis ben círculos pechados sen apenas contacto entre eles. Con este fin están a dar forma á rede Nekasarea, unha plataforma dirixida a espallar e afianzar a práctica da venda directa entre cidadáns e explotacións agrogandeiras. Neste senso é onde se sitúa, aínda que a un nivel máis pequeno, a Ekoetxea de Bilbao, rede que reúne a varios grupos de venda directa e agricultores e que en certa maneira está a servir de inspiración para o labor despregado por EHNE.
Por certo que a nova está estes días referenciada en Chuza!, onde os internautas galegos subliñan non só os paralelismos da experiencia coa liña de traballo de Granxafamiliar, senón que tamén salientan a potencialidade dun modelo coma o devandito aplicado a toda a nosa xeografía.
Afiánzase en Euskadi o uso da Rede como canle de venda directa dende o rural ao fogar
Compartir Este Artigo

