Mentres os consumidores agardan a que Sony rebaixe o elevado prezo da PlayStation 3, a empresa nipona mira aos desenvolvedores de xogos, e ofértalles a partir de hoxe unha opción de baixo custo do seu kit de desenvolvemento para a PS3, que pasaría de custar uns 10.500 dólares a só 2.000, o que facilitará a súa adquisición para un abano máis amplo de desenvolvedores e editores, o que podería servir para mellorar a oferta de títulos para esta consola.
Este anuncio está a verse con certa ironía, pois Sony está a reducir os custos de programación para a súa consola por mor da recesión económica mentres a PS3 mantense como a consola máis cara do mercado, chegando a dobrar o prezo da súa máis directa competidora (a Xbox 360 de Microsoft).
O kit de desenvolvemento para PS3 baixa radicalmente de prezo
Compartir Este Artigo
