
Comparar o WiMAX co Betamax ten moito sentido dende a perspectiva de Nokia, compañía enfocada á telefonía móbil, sector que está a achegarse ao estándar 4G coñecido coma LTE, deixando de lado o WiMAX (que conserva un importante apoio por parte de Intel), que está a verse máis como unha evolución do Wi-Fi. Teriamos así unha repetición do enfrontamento entre Wi-Fi e 3G, que na práctica non foi tal, quedando cada un en mercados distintos, aínda que dende Nokia prefiren centrar os seus esforzos na tecnoloxía LTE, que estiman que en 2015 conte con cobertura na meirande parte do mundo.
Nokia compara o WiMAX co Betamax
Compartir Este Artigo
