
O servizo subministrado por Baudia contaría con dúas modalidades: Névobase (cunha velocidade de 512 Kbps de descarga, 256 Kbps de subida e 10 Gb de límite de transferencia mensual por 25 euros/mes) e NévoPro (1 Mbps de descarga, 512 Kbps de subida, sen límite de transferencia), tendo soportar os usuarios que os contraten unha cota de alta de 90 euros.
Hai que recoñecer que os prezos destas conexións son de mercado, e entendemos que os usuarios potenciais desta tecnoloxía de acceso á Internet tampouco poden optar a unha conexión de banda larga móbil (UMTS/HSDPA) xa que a cobertura na zona vella tampouco é moi boa, polo que é posible que o fracaso desta nova oferta comercial podería estar no baixo nivel de coñecemento sobre a mesma que ten a cidadanía (aínda é unha iniciativa moi nova) ou, simplemente, unha baixa demanda.
A rede WiMAX compostelá aínda non ten clientes
Compartir Este Artigo
