A polémica ao redor da información publicada nos últimos días sobre o caso InfoPSP deixou en evidencia que a vía penal para a loita contra o P2P e as descargas de material protexido por copyright a través da Internet está a esgotarse, polo que as entidades de xestión de dereitos de autor están a cambiar de rumbo, optando agora pola vía civil, que podería ser moito máis efectiva.
Nas últimas semanas déronse a coñecer 2 novas demandas interpostas pola SGAE contra os responsables das webs EliteMP3.net e Indice-web.com. No primeiro caso a SGAE solicitaría unha indemnización por «danos e prexuízos por valor de 36.576,44 euros por pór a disposición dos visitantes, discos de música de balde», o que claramente é unha sanción moi superior á do caso InfoPSP (pese a iniciarse pola vía penal).
A SGAE comeza a optar pola vía civil para atallar as descargas de Internet
Compartir Este Artigo
