Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Paulo Coelho, a favor de The Pirate Bay e a cultura de compartir en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Paulo Coelho, a favor de The Pirate Bay e a cultura de compartir en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

paulo_coelho.jpgO espírito de compartir libremente (que non necesariamente de balde) facendo uso da Rede semella ter fortes raizames entre os nosos irmáns os brasileiros, onde xa non é a primeira vez (nin seguro que a derradeira) que un personaxe vinculado á cultura e ás artes defende un panorama máis ceibo de restricións para todas aquelas persoas que principalmente por razóns económicas non poden facerse con todo o que desexarían en materia de música, cinema ou literatura. Desta volta temos que falar do escritor Paulo Coelho, autor de obras tan vendidas en todo o mundo como O alquimista e que segundo informa TorrentFreak vén de situarse a favor do trasfego fluído de coñecemento pola vía da Internet (incluíndo ferramentas que, como The Pirate Bay, axudan a facelo). Ao seu xuízo, sinala a dita web sobre o intercambio de arquivos, o feito de compartir non é só inherente á natureza humana, senón que tamén é inevitable, de aí que sexa preciso defender a práctica en liña sen arela de lucro por parte da comunidade internauta.
Coelho, que como outros compatriotas seus (o caso de Gilberto Gil é un dos de máis sona) é un firme defensor do proceso de compartir sen beneficio económico, cre que o feito de que unha canción vaia de un ordenador a outro non significa sempre un prexuízo para o artista senón que en ocasións constitúe o contrario, xa que axuda en boa medida á súa promoción: son como as súas tarxetas de presentación.
Ao seu xuízo, quen pon balados nun panorama con potenciais tan amplos como a Sociedade da Información actual está a actuar de xeito egoísta. “Realmente creo que cando un lector ten a opción de ler algúns capítulos dunha obra, el ou ela sempre pode decidir mercar o libro máis tarde”, engadiu. Estas conviccións non son novas: de feito, Coelho xa ten amosado estar a favor dun concepto de cultura máis libre ao ter posto nas redes P2P algúns dos seus libros máis coñecidos. Por certo que na entrevista a TorrenFreak que recolle estes días Europa Press, o escritor brasileiro tamén ten algo que ver sobre un dos temas que máis se comenta arestora: a condena dun ano de presión aos responsables de The Pirate Bay por favorecer o trasfego pirata de arquivos: “Apoio directamente o seu sitio”, comentou, “e mesmo me teño ofrecido para viaxar a Suecia e emprestar testemuña… podería ter sido de gran axuda”, comentou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?