
Tamén contribuíu ao cóctel a presentadora de televisión Oprah Winfrey, es co gallo da competición de Kutcher decidiu estrearse no microblogging e en apenas 5 días xa está preto do medio millón de seguidores, o que confirma que os famosos supoñen un importante pulo para a popularización deste tipo de plataformas, quedando moi presente nunha análise de Hitwise, compañía que detectou un incremento do 43% no tráfico de Twitter con respecto á semana anterior a todo este rebumbio.
O efecto Oprah é algo que se fai notar habitualmente, tanto libros dos que se fala no seu programa, coma o propio Amazon Kindle, perciben un importante aumento de vendas cando é Oprah quen os recomenda.
Ashton Kutcher e Oprah Winfrey disparan nun 43% o tráfico de Twitter
Compartir Este Artigo

