Os usuarios que queiran descargar ficheiros da rede BitTorrent pero non poidan ou queiran utilizar unha aplicación cliente para esta plataforma P2P poden facer uso de Btaccel.com, un novo servizo web en probas que permite converter as descargas de BitTorrent en descargas directas.
Os usuarios poden atopar así ficheiros .torrent en distintas páxinas web (incluíndo buscadores coma Mininova ou The Pirate Bay), copiar o sen enderezo web e pegalo en Btaccel para que dende o servidor se inicie a súa descarga, de xeito que cando estea completo (o que pode ser instantáneo se alguén o descargou con anterioridade) sexa posible descargalo vía web a alta velocidade.

Btaccel está baseada en servizos cloud hostingde Rackspace (que lembra á oferta comercial que prepara Arsys en España) e conta con 500 Mbps para as descargas, o que en moitos casos garante unhas velocidades de descarga de BitTorrent moi superiores aos que podiamos ter dende un equipo doméstico, polo que operaría coma un acelerador de descargas, aínda que moitos preferirán ver esta plataforma coma un xeito de descargar ficheiros P2P dende o traballo, a biblioteca ou outros puntos de acceso públicos nos que non é posible facer uso de aplicacións de intercambio de ficheiros.
Btaccel permite facer descargas directas da rede BitTorrent
Compartir Este Artigo
